Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
DESAFIAR Á COMUNIDADEA resistencia orixina forzapolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónPorque o que vostede quere é o fortalecemento da comunidade, non acepte pasiva e automaticamente o primeiro obxectivo que lle amosen coma prioritarioA resistencia produce forza; os músculos do brazo fortalécense cando facemos flexións. Se nunca atopan resistencia, os seus músculos debilitaranse. Se fai vostede demasiado por unha comunidade, non se fortalecerá. A primeira suxerencia do que é prioritario que lle faga a comunidade podería non estar ben elaborada e, se vostede a pon en dúbida, poida que pensen con máis calma a acción a levar a cabo. Vexamos un exemplo hipotético. Quizais os membros da comunidade afirmen que o seu obxectivo prioritario é construir unha clínica. «Moi ben», responde, «Pero, qué razoamento lles levou a escoller ese obxectivo?» «Ten a comunidade capacidade para construir e manter unha clínica?» «Qué problemas vai soluciona-la clínica? E qué problemas vai causar?» Fortalézaos deixando que defendan a súa escolla. Se resulta que queren unha clínica porque unha comunidade rival veciña ten unha, que a súa motivación principal é o orgullo, entón pode vostede aclaralo. «Recorden que son os seus recursos os que se van a empregar en construíla; é así como queren gasta-los seus cartos realmente?» pregunta. Quizais se saiba entón que están a morrer os bebés, e esa é a súa principal preocupación. É a súa oportunidade de sinalar un principio fundamental da ASP (atención sanitaria primaria): que previr é moito mellor que curar. Os nenos morren fundamentalmente polas diarreas causadas polas augas contaminadas. Ver auga. Unha clínica pode axudar a cura-la enfermidade, pero é máis humano, barato, e menos arriscado reduci-las enfermidades que veñen da auga combinando tres factores: (1) educación en materia de hixiene, dirixida a que cambien a súa conduta, (2) un suministro de auga potable limpa, e (3) unha sanidade efectiva que manteña as augas fecais lonxe das de consumo humano. Previr no canto de curar. Ao ser desafiada a analiza-los seus problemas e buscar solucións prácticas e viábeis, a comunidade pode responder volvendo a examina-las prioridades dos seus problemas e a redefini-los seus obxectivos. Non acepte pasivamente o primeiro obxectivo que escollan. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
O comezo |