Páxina principal
A preparación




Traducións:

বাংলা / Baṅla
Български език
Català
Cebuano / Sugboanon
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Euskara
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
ગુજરાતી / Gujarātī
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
ਪੰਜਾਬੀ / Pañjābī
Română
Русский
सिन्धी / Sindhi
Af Soomaali
తెలుగు /Telugu
ไทย / Thai
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu
Èdè Yorùbá

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

COÑEZA AS HABILIDADES QUE PRECISA

Qué precisa para saber cómo actuar?

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Habilidades que precisa para a mobilización

As habilidades que precisa un activista non son demasiado difíciles de aprender, pero poden ser armas moi poderosas. Poden empregarse mal.

Como analoxía, pense nas habilidades dun cerralleiro. Un cerralleiro presta moitos servicios útiles e valiosos, pero poden ser mal empregados para romper unha fechadura, entrar e roubar.

Cando aprenda técnicas de mobilización, úseas para o beneficio da comunidade, non para beneficiarse vostede a costa dela.

Tendo en conta que o seu obxectivo é a comunidade en conxunto, unha boa parte das técnicas que precisa teñen que ver coas habilidades comunicativas. Ten que aprender a ser un orador público, pero non calquera clase de orador público. Precisa coñece-la clase de discurso público necesario para o liderazgo e a facilitación.

Debe aprender a extraer información e decisións dun grupo, o que require coñecer ben as súas metas e amosarse seguro e relaxado diante da xente.

Ten que ser capaz de distinguir entre predicar, semonar e facer discursos, e evitar eses estilos.

As habilidades técnicas que precisa un activista inclúen: falar en público, planificación, xestión, observación, análise, e escritura. O mellor xeito de aprendelas é de xeito autodidacta.

Tamén ten que adquirir un carácter honesto, entusiasta, positivo, tolerante, paciente e motivado.

Ten que saber cómo escoitar e entender cando fala a xente.

Ten que saber cómo asegurarse de que a información é fiable.

Ten que saber cómo ilustrar unha cuestión e facela interesante para quen o escoita.

Vostede non sermona como un predicador; non fai discursos como un político; non da charlas como un catedrático.

Precisa aprender a permanecer seguro ó tempo que sensible cos demais mentras está entre ou diante de moita xente.

Ten que saber cómo coñecer e apreciar á xente.

Ten que saber cómo evitar ser egocéntrico, vaidoso, ou arrogante.

Ten que saber cómo levar unha discusión sen resultar mandón, dictatorial ou sarcástico.

Apréndao por sí mesmo.

Vostede aprende estas habilidades facendo (non simplemente lendo un libro de texto).

Se asistira a clases de desenvolvemento comunitario, e só se sentara e collera apuntes, non lograría a mellor formación. Debe practicar, primeiro fronte aos seus compañeiros de clase, despois fronte a un grupo comunitario. Ver métodos de formación.

Como ten que organizar grupos comunitarios e formar comités executivos, precisa dalgunhas técnicas organizativas.

Como tamén fortalece impartindo técnicas de xestión, vostede mesmo precisa destas técnicas.

Como guía grupos comunitarios cara a súa propia planificación, vostede mesmo precisa algunhas técnicas de planificación.

Como aconsella e guía grupos para que sexan honestos e precisos coas súas contas e rexistros financieiros, necesita algunhas técnicas de contabilidade .

Como ensina a grupos a escribir informes e precisa escribi-los seus propios, precisa técnicas de escritura.

Aprender facendo.

Precisa saber como aprender un idioma rapidamente (ver un método auditivo de aprender unha linguaxe oral) e como familiarizarse con varias linguas nunha comunidade.

Máis que só habilidades técnicas, precisa ter algúns rasgos de personalidade necesarios para ter éxito como activista (mira-los cadernos de formación ser un activista e descripción do traballo).

A súa reputación é a súa mellor baza. Se é coñecido por ser honesto, diplomático, xusto, traballador, ético, decente, tolerante, entusiasta, humilde, e franco, a súa reputación axudará aos seus esforzos na mobilización. Se non o é, busque outra vocación.

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 07.07.2011


 Páxina principal
A preparación