Páxina de inicio
 Fortalecemento




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Polszczyzna
Português
Română
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

DOCE LECCIÓNS SOBRE
DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO PARTICIPATIVO

do programa de desenvolvemento comunitario do CNUAH

por Chris Williams

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de adestramento

Leccións aprendidas nos 14 anos de traballo do programa de desenvolvemento comunitario do CNUAH (Hábitat)

Doce leccións aprendidas sobre o desenvolvemento comunitario participativo:

  1. As comunidades teñen o dereito a formar parte da toma de decisións que afecta á súa vida e ás súas condicións laborais.
  2. Só a participación que inclúe o poder da toma de decisión é sostible e creativa.
  3. Unha participación auténtica precisa que a comunidade se involucre en todas as fases da mellora da aldea, do pobo ou da cidade: planificación, implantación, mantemento e supervisión.
  4. A participación debe construírse sobre a igualdade de xénero e incluír aos xoves e aos anciáns.
  5. O desenvolvemento da capacidade é esencial para promover unha participación equitativa entre homes, mulleres e xoves.
  6. As comunidades teñen recursos ocultos que poden impulsar o desenvolvemento das aldeas, pobos e cidades. Ao desenvolver as capacidades, estes recursos poden saír á luz.
  7. As comunidades son as primeiras interesadas de entre todos os actores en identificar problemas e mellorar e manter os seus asentamentos.
  8. A concienciación e o desenvolvemento da capacidade pode facer que as asociacións entre diferentes comunidades, ONG e autoridades municipais sexan máis equitativas.
  9. O desenvolvemento da comunidade planeado por persoas alleas á mesma e que tan só precisa do seu traballo gratuito ten poucas posibilidades de ser aceptado polas comunidades a longo prazo.
  10. Planificar a participación é un dos elementos que adoita pasarse por alto dentro do desenvolvemento comunitario.
  11. A caridade crea comunidades dependentes das axudas.
  12. O desenvolvemento comunitario é unha contribución esencial na xestión urbana global.
Recompilado por Phil Bartle, PhD

Estas lección foron recompiladas polo Instituto de Estudios Socias da Haia.

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 01.07.2011



 Páxina de inicio

 Reforzar á comunidade