Páxina principal
 A organización




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
한국어 / Hangugeo
Polszczyzna
Português
Română
Русский
తెలుగు /Telugu
ไทย / Thai
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

AVALIA-LAS CONDICIÓNS

Introdución á valoración participativa

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

É preciso que os membros da comunidade leven a cabo unha valoración precisa antes de poderen decidi-las prioridades e poñerse de acordo nun proxecto comunitario para empezar a actuar

Unha comunidade debe emprende-la súa actividade dende unha boa base.

O comité executivo debe facer unha avaliación sobre o terreo, analizala, e despois amosa-lo que atoparon a toda a comunidade. Isto é unha «análise da situación».

Aínda que xa teña vostede feita a súa avaliación, incluíndo un mapa, como parte da fase de preparación, é importante que o comité executivo faga a súa propia. Ver mapa.

Non o faga por eles. Non deberían delega-lo en ninguén.

Fixe unha data que lle vaia ben a vostede e ao comité para dar unha volta pola comunidade. Deixe tanto tempo como sexa posíbel. Vaia por toda a comunidade ou por canto poida, ollando, falando coa xente, facendo anotacións, debuxando esbozos. Ver VEP.

Despois reúnanse para compara-las súas observacións e redactar un informe avaliativo conxunto. Pida a un dos membros da executiva (non vostede, activista) que transcriba os achados comúns da avaliación, para presentalos ao conxunto da comunidade. A súa redacción, ou informe, recibe o nome de «análise da situación».

Se pode facer unhas cantas copias do informe (polo menos dos mapas) para repartir, sería estupendo.

No seu paseo de avaliación, busque problemas e solucións, recursos e restricións. Sinale as roturas nos canos de auga ou noutras instalacións comunitarias. Indique as estradas que precisen dunha reparación. Se vostedes (incluíndo a exectutiva) identifican a algún vello carpinteiro retirado, vexan se el podería formar á xente nova; se o mantén a súa familia, podería doar a súa enerxía e asesoramento, ou precisaría dun pequeno honorario?

Busque outros recursos potenciais, humanos e físicos. Anóteos na avaliación.

Logo de que se reúna a executiva para poñerse de acordo nunha avaliación conxunta, e cando o informe estea redactado (con copias, de ser posíbel) deberían presenta-los seus achados a toda a comunidade. Para isto é preciso convocar outra xuntanza comunitaria nun intre oportuno.

Se vostede, como activista, ten un rotafolio con caderno que prestarlles para a presentación, ou pode pedir algún, moito mellor. Non debe presenta-los seus achados. Vostede facilite a xuntanza e deixe que eles presenten os seus descubrimentos a toda a comunidade.

A avaliación é un requisito previo ao plan de acción comunitario (PAC).

Asegúrese de que os membros da comunidade entendan perfectamente as observacións da executiva, e de que haxa consenso sobre a natureza e o alcance dos problemas existentes e os potenciais.

Hai un módulo formativo adicado á valoración participativa. Ver VEP.

––»«––

Avalia-las condicións


Avalia-las condicións

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 06.07.2011


 Páxina principal

 A organización