Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
FACILITAR A PARTICIPACIÓN NA AVALIACIÓNEstimular a avaliación na comunidadepor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezNotas para os mediadoresO que é que precisa o mobilizador ou mediador comunitario para estimular e potenciar a participación comunitaria na valoración e avaliación dos recursos e necesidades da comunidade?A importancia da participación comunitaria: A participación de todos os membros da comunidade na observación sistemática, anotación e avaliación das propias comunidades é un elemento fundamental do proceso de fortalecemento das comunidades, polo que cómpre que o activista o motive e facilite. Se os membros da comunidade non teñen un obxectivo preciso e unha comprensión das súas propias necesidades comunitarias, problemas, bens e recursos, non poderá haber unha escolla unificada de obxectivos prioritarios e accións concertadas para a resolución dos problemas, o desenvolvemento e a redución da pobreza. Ver organización da unidade. Polo tanto, o traballo do mobilizador é importante no desenvolvemento da comunidade, e facilitar a participación comunitaria na súa propia avaliación é esencial para que a comunidade avance. Vexa o documento Avaliación da participación e estudo (parte principal deste módulo) para unha explicación máis detallada do papel deste proceso no ciclo completo de resolución de problemas, mobilización e fortalecemento da comunidade. As habilidades precisas: O mellor mestre é a experiencia. Se existe a posibilidade de traballar xunto a xente con experiencia na APR ou na ARP, a aprendizaxe será moi útil. No caso contrario, ou nun aínda peor, é preciso ler todo o posible, intentar practicar por conta propia, coñecer compañeiros para poder compartir experiencias e comparar resultados. Un bo mediador nunca deixa de aprender. Que se pode ler na formación persoal? Neste sitio web hai varios documentos que o axudarán a dominar os principios e, o que é máis importante, as habilidades e técnicas persoais que se poden usar. Procure, por exemplo, o texto de Kamal Phuyal de Nepal, Compartir a felicidade, compartir a APR, para saber máis sobre algunhas das preguntas relacionadas co «por que» e o «como» da APR. Lea a presentación de Ben Fleming, Participación, unha minuciosa lista de métodos e enfoques que pode empregar. Vexa tamén Ser un activista, repasando a lista de características necesarias. Tamén pode ver o módulo sobre treboada de ideas , xa que moitos dos métodos descritos xa serán útiles nesta fase da avaliación. Se dispón de acceso a Internet, pode visitar os links e as páxinas de consulta para comezar a súa propia investigación de material avanzado. Procure nalgunha das outras webs que conteñen material sobre este tema. Na páxina web do IDS (Institute of Development Studies) de Sussex, Reino Unido, atopará unha serie de documentos que inclúen os de Robert Chamber, recoñecido como o maior experto en metodoloxía participativa. Existen outras fontes de material de adestramento en Internet; se non pode acceder a bibliotecas universitarias, investígueas. Isto significa que só é preciso lanzarse ao traballo e tratar de levar a cabo o proceso descrito neste módulo para, despois, compartir as experiencias con outros traballadores da comunidade que realicen tarefas similares, para continuar traballando e compartindo. Asistir a talleres e seminarios con outros compañeiros é recomendable en calquera ocasión. Aínda que é preciso demostrar liderado, sobre todo ao organizar á comunidade para trazar o mapa e para a reunión da preparación do inventario, é importante que se anime a todo o mundo a participar. Non impoña as súas propias ideas sobre as necesidades e recursos. Con coidado, procure o consenso e a unidade (véxase mobilización da unidade) e asegúrese de que o seu traballo é transparente e honesto. Demostre á comunidade que o producto do seu esforzo (o mapa e o inventario) é un produto comunitario e comunal, non só os intereses particulares duns individuos ou faccións. Na súa pesquisa de material para o adestramento que o axude a saber como traballar, ou a mellorar certas técnicas, adíquelle tempo ao Manual do activista, do que atopará unha copia nesta páxina. Vexa os capítulos adicados a prepararse como mobilizador. Para resumir, este sitio conten unha serie de documentos sobre o adestramento moi útil, a maiores deste módulo, como por exemplo: a Treboada de ideas, Participación, Compartir a APR, Organización da unidade, Ser un activista e o Manual do activista. ––»«––Avaliando as necesidades e bens da comunidade: © Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Avaliación participativa |