Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
COÑEZA OS CONCEPTOS BÁSICOSPrincipios e razoamento das habilidadespolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónConceptos e principios que o activista debe entenderQué é desenvolvemento? Desenvolvemento comunitario? Participación comunitaria? Pobreza? Comunidade? Potenciación? Transparencia? Sostemento? Estes termos trátanse en «Palabras clave»). Para ter éxito como activista precisa algo máis que habilidade para o diálogo público e a organización de grupos para a acción. Necesita saber por qué empregar esa habilidade. Necesita coñece-los principios. Se o seu obxectivo é unha comunidade, daquela debe vostede coñecer algúns conceptos sociolóxicos acerca da natureza das comunidades e do seu cambio social (incluído o desenvolvemento). Quere isto dicir que necesita vostede algunha comprensión de organización social, socioloxía, antropoloxía, economía, política, e as forzas e procesos que compoñen estas disciplinas. (Ver «cultura»). Agora mesmo non precisa vostede unha carreira universitaria, pero debería aprende-los principios e o coñecemento desas materias. Se desexa fortalecer (potenciar) unha comunidade de baixos ingresos debe coñecer ao inimigo, que é o síndrome de dependencia. (Ver «dependencia»). Se a súa meta é a eliminación ou a erradicación da pobreza, precisa saber algo máis que os síntomas e resultados da mesma. Tamén deberá entende-las súas causas, para poder manter e promove-los cambios que as contrarresten. Debe vostede ver que o alivio da pobreza reduce simplemente a dor, de xeito temporal, pero non contribúe á erradicación. A pobreza non é só unha cuestión de diñeiro, e o diñeiro por si só non a vai erradicar. (Ver «Principios da redución da pobreza»). Se consulta vostede as «palabras clave», atopará unha lista bastante exhaustiva de conceptos básicos para o traballador comunitario. En cada unha delas non atopará unha definición de dicionario; atopará algunhas notas relevantes para o propósito deste manual: cómo ser un activista. Un módulo posterior, Principios da potenciación comunitaria, móstralle máis polo miúdo os principios que hai detrás dos métodos e técnicas á súa disposición neste sitio web. Non memorice estas notas. Pense en cada un dos conceptos. Faga as súas anotacións ao respecto. Discútaos con colegas en reunións, conferencias, talleres. No seu tempo libre, cos amigos despois do traballo, quite un pouco de tempo aos resultados do fútbol para dedicarllo a falar de un ou dous destes conceptos. Intentar aprender «nunha vez» é como intentar comer «nunha vez». A aprendizaxe, ao igual que o desenvolvemento comunitario, non debería rematar nunca. Cando deixe de aprender, estará morto. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
A preparación |