Páxina principal
A preparación




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
বাংলা / Baṅla
Български език
Català
Cebuano / Sugboanon
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Euskara
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
ગુજરાતી / Gujarātī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Português
Română
Af Soomaali
తెలుగు /Telugu
Tiếng Việt
Türkçe
Èdè Yorùbá

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

PREPARANDO AO ACTIVISTA

Guía para o formador

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Notas do formador

Usar este módulo como material de formación

Quén pode facerse activista comunitario?

Non todo o mundo é un potencial bo activista comunitario.

Non asuma, porén, que a formación ou educación nunhas disciplinas específicas indica automaticamente unha predisposición para traballar con comunidades. Un certificado ou titulación en traballo social, ou en materias relacionadas, non asegura que alguén sexa efectivo no fortalecemento de comunidades de baixos ingresos. Enxeñeiros, titulados en comercio ou ciencias, persoas con un só ano de educación elemental, convertíronse en traballadores comunitarios e con bos resultados.

Tanto como sexa posible, facerse traballador comunitario debería ser un proceso de auto-selección.

Se está vostede a formar a potenciais activistas, debería estructura-lo seu programa de xeito que sexa sinxelo para os seus aprendices escolle-lo seu camiño.

Este módulo de preparación contén material que pode vostede empregar para expoñer a potenciais activistas á natureza do seu traballo, ás características personais que precisan, e á formación que recibirán. Úseo para crear un ambiente no que poidan decidir se deberían continuar coa formación.

Material de formación elemental:

Os cinco primeiros módulos deste sitio, nesta formación, consisten sobretodo en pequenos cadernos apropiados para usar en talleres de formación, e deberían ser discutidos e dixeridos lentamente e en pequenas porcións. Están baseados no contido do primeiro manual, que se presenta como un todo noutra parte deste sitio (manual do activista). Aquí están divididos en pequenos cadernos para ser usados por separado nas discusións nos talleres de traballo.

Pode aconsellar aos estudiantes avanzados que miren o manual se desexan estudiar un documento máis extenso que combine todo o material.

Os módulos posteriores conteñen documentos máis extensos con contidos máis sofisticados.

Pode usarse cada caderno nunha sesión formativa de cuarenta minutos (usando o mesmo nome para a sesión) nun taller de traballo inicial. Pode usa-los títulos cando planee a súa formación.

Comezando coa lista completa no mapa do sitio, pode facer unha lista das súas sesións formativas na orde en que aparecen nos cinco primeiros módulos, ou reorganizalos segundo as súas necesidades e as dos alumnos.

Tamén pode copiar cada caderno, ou unha selección deles, en transparencias, e proxectalas nunha pantalla, para facilita-la presentación, discusión, e participación. É vostede libre de decidir como usa-lo material.

Nós recomendamos que as sesións estean no posible baseadas na «acción» dos aprendices, e o mínimo posible en lecturas e presentacións unidireccionais. Pode imaxinar e inventar moitas actividades nas que os aprendices sexan activos na sesión, e pode serlle útil rexistrar moitas delas e garda-las anotacións para usalas en futuras sesións formativas.

Qué lle funciona a vostede, e cómo?

Documentos relacionados, noutros módulos:

Dous documentos que se atopan noutros módulos poderían servirlle para complementa-los deste.

Do módulo «Ciclo de mobilización», pode interesarlle agora o documento «Ser un activista» . Pode dividirse en dous cadernos: un contén as características personais que se precisan, nunha lista para que os aprendices as vexan e se pregunten si reúnen ditas características; o outro é unha listaxe simplificada de tarefas de campo que se supón que tería que facer. Unha ou as dúas pódense empregar como caderno aquí, na sesión da «Preparación».

O documento «Descripcións de traballo», do módulo «A mobilización xestora», ofrece unha descripción máis polo miúdo das cualidades que se requiren e as tarefas e resposabilidades previstas.

Ese módulo e o de «Xestión participativa» propoñen que a relación entre xestor e activista sexa de compañeirismo, e que xeren xuntos as descripcións do traballo mobilizador. (Por desgraza, non tódolos activistas van estar nun traballo onde o seu supervisor practica a xestión participativa; eses dous módulos a propoñen).

Se os aprendices piden máis detalles que os do caderno «A preparación», o caderno da descripción do traballo estará ben.

Métodos de formación:

Neste sitio web hai todo un módulo adicado a presentar varios métodos de formación do que pode vostede dispor cando use este material para formar (Métodos de formación)

Cando estea preparando os primeiros talleres de traballo formativos en temas como «A preparación», busque no módulo «Métodos de formación» unha guía e consellos de cómo organiza-lo seu programa de formación.

En todo este sitio web e o programa de formación que contén, o énfasis está en «aprender facendo». Todos aprendemos dun xeito diferente, a diferente velocidadade, e máis por un medio que por outro. En xeral, porén, podemos aprender máis e reter máis, especialmente destrezas, se facemos algo máis que limitarnos a oir falar delas ou observalas.

Nós animámolo a que evite buscar un método de formación ortodoxo, e a que empregue a súa propia iniciativa e creatividade para deseña-la súa propia formación, baseada nas necesidades e condicións dos aprendices e o ambiente local.

Se está vostede a levar a cabo un programa de formación, animámolo a que nos escriba e discutamos as súas observacións e ideas. Se ten suxerencias, quizais podamos deseñar xuntos material novo.

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 08.07.2011

 Páxina principal
A preparación