Traducións:
Akan |
Palabras clave que comezan coa letra Tpolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir Seijo, Iria Castiñeiras PérezTALLER Un «taller» é unha sesión que pode durar un día ou máis. Non o confunda cun congreso (que consiste en conferenciar ou discutir). Un taller está pensado para traballar, e debe ter un resultado planificado. Nun taller de formación, o traballo é a formación, e o resultado debería atoparse entre os cinco propósitos da formación indicados neste sitio web. Ver «Preparar un taller» لعربيّة: ورشة العمل, Bahasa Indonesia: selebaran lokakarya, Català: taller, Deutsch: Workshop, Ελληνικά: Εργαστήρι, English: workshop, Español: taller, ارس کارگاه یا ور ک شاپ, Filipino: workshop, Français: atelier, Galego: taller, Italiano: Workshop, 日本語: ワークショップ, Português: seminário, Română: atelier de lucru, Pyccкий: Семинар, ردو: ورکشاپTRANSPARENCIA A transparencia é un elemento moi importante no fortalecemento dunha comunidade (ver elementos da potenciación). A palabra «transparente» significa aquí a capacidade de ver a través de algo. Cando os funcionarios tentan levar a cabo accións (como por exemplo tomar decisións, asignar recursos) en segredo, ocultando as súas actividades á xente, non están a ser transparentes. Estan aplicando coa xente a metáfora do «cultivo do champiñón». Isto favorece a desconfianza, a apatía, e a marxinación (importantes factores da pobreza e debilidade da comunidade). O seu labor como activista é fomenta-la transparencia. Fágao explicando qué é, e que a xente ten o dereito e a responsabilidade de saber qué está a pasar (concienciación). Fágao tamén asegurándose de que sexa unha peza clave das organizacións comunitarias que vostede crea ou reorganiza. Leis coma a «Acta de liberdade de información», ou outras semellantes que garanten que os detalles do gasto do goberno teñan que ser documentos públicos, á disposición da xente, están pensadas para fomenta-la transparencia gobernamental, aínda que algúns funcionarios tenten altera-lo espírito de ditas leis. Se agocha vostede un problema, ocúltao ou nega que exista, de seguro que dificultará a súa solución. Se, pola contra, o revela, o admite, e o analiza honestamente, está vostede no bo camiño para solucionalo. A transparencia fortalece. العربيّة (Arabic): الشفافية, Bahasa Indonesia: transparansi, Deutsch: die transparenz, Ελληνικά: Διαφάνεια, English: transparency, Español: transparencia, Filipino/Tagalog: naaaninag o pagiging bukas, Français: transparence, Galego: transparencia, Italiano: transparenza, 日本語: 透明 明確さ, 한국어 / Hangugeo: 투명도, Malay: transparensi, Nederlands: transparantie, Português: transparência, Română: transparenta, Pyccкий:Прозрачность, Somali: waadix, Türkçe: şeffaflık, Tiên Việt: tính minh bạch, ردو: شفافیتTREBOADA DE IDEAS Unha treboada de ideas é un proceso social estruturado (nunha sesión de adestramento) onde se facilita a un grupo a toma participativa de decisións colectivas, sen dominio de ningún individuo. Véxase "treboada de ideas." As regras e procedementos básicos están feitos para traballar xuntos e facilitar a participación (especialmente daqueles non acostumados a participar ou traballar en grupos) na toma de decisións colectiva. Como activista, debe aprender as técnicas de adestramento, usando a sesión de "treboada de ideas" para desenvolver a toma de decisións colectiva. Pode usarse en diferentes contextos. Os xerentes e os seus instrutores tamén usan a treboada de ideas como método participativo para fomentar as contribucións do equipo na xestión e nas decisións da planificación. Véxase Xestión participativa. Català: pluja d'idees, Deutsch: brainstorm, English: brainstorm, Español: tormenta de ideas, luvia de ideas, Français: remue méninge, Galego: treboada de ideas, Italiano: brainstorming, Português: juntando idéias, Română: furtuna de idei, 中文 (Zhōngwén): 集体研讨──»«──Se atopou vostede algunha palabra que estea relacionada coa potenciación comunitaria e que precise ser discutida, por favor, escríbanos.Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor(es) |
Páxina principal |